Trolear

Molestar, provocar ou burlarse de alguén con intención de esaxerar, irritar ou xerar discusión, xeralmente de forma humorística ou sarcástica.

Exemplo de uso

Non lle fagas caso, só está a trolear.

Nota de uso

Préstamo do inglés troll. En galego existe o termo tradicional trola (‘mentira’) e o derivado troleiro/-a (‘persoa que di trolas’), que gardan relación semántica, pero trolear fai referencia especificamente ao comportamento dixital de provocar ou vacilar. Alternativas galegas segundo rexistro e contexto: vacilar, tomarlle o pelo, comerlle a boroa / a partida, compoñer a alguén, manducarlle a boroa, monearse de alguén.

Relacionados

Tirar MD

Redes sociais

Falarlle a alguén por unha mensaxe privada.

Locución verbal

Trolear

Redes sociais

Molestar, provocar ou burlarse de alguén con intención d...

Verbo

XD

Redes sociais

Expresión usada para indicar risa, sorpresa ou desconcer...

Interxección

Cancelar a alguén

Redes sociais

Retirar publicamente o apoio a unha persoa por condutas ...

Locución verbal